Eu equivócome como todo o mundo, pero procuro demostrar as cousas empregando argumentos válidos, sen insultar e sen acudir a falacias retóricas.
E se a min me dan ou deixan de darme a razón os lectores, é cousa que non sei, o que si sei é que eu non insulto, procuro argumentar de xeito lóxico, poño datos, cifras, uso das formas medievais tanto en galego como en castelán, digo que a forma La Coruña leva usándose por escrito en español cando menos desde 1286, e contra eso, recibo cabreos, insultos e falacias retóricas.
Imos con Cuzco e Cusco. En Cuzco existe unha única língua oficial, o español, e como en español non se di Cusco, senón Cuzco, desde hai moitos séculos, en Perú o oficial é Cuzco.
Non é o caso de Galicia comunidade na que existen dúas linguas oficiais, o galego e o castelán. Como este último é o idioma oficial en todo o Estado, e a denominación "La Coruña" ven usándose cando menos desde 1286, e asemade moitos coruñeses cren na idea de España, repito, Es-pa-ña (que ese é o problema...) resulta que non teñen ningún problema en usar o español, lingua na que a RAE recomenda usar a forma La Coruña. E por certo... se no Perú a RAE e a academia peruana recomendan usar Cuzco e fanlle caso, resulta cando menos paradóxico que dentro de España non se lle fago caso ás recomendacións da RAE.
Zapato procede do turco zabata ¿hai que seguir tamén? ¿Alguén usa por escrito, reivindica o uso de Sapato ou tenno por elemento identitario como é o nome da cidade na que naceu ou vive?
Para a colección de insultos que se empregan contra os argumentos, os datos, acabas de engadir un mais á lista, que son patético. Por favor, ¿tómasme por alguén impresonable, que se deixa influir pola violencia verbal? Un pouquiño de porfavor... Ripitimos, a falta de argumentos á maioría dos coruñeses os nacionalistas chámannos: estúpidos, antigalegos, anormales, fascistas, enanos nostálxicos, cocksuckers, assholes, oligofrénicos frustrados e no meu caso, patético ou que dou pena :D
Por se o descoñeceras, o argumentum ad hominem é outra falacia retórica, outra mostra de irracionalidade.
Pensa, rebate os meus datos con outros, demostra que son falsos, que incurro nalgún erro, que por suposto que me equivoco como calquera, pero insúltame se queres ventilar emocións, pero ten por seguro que con eso non terás mais razón ca min.
Por certo, chamo a atención dos lectores sobre os datos que puxen mais arriba, que non deben ser de escasa entidade cando tiveron as reaccións que tiveron.