cidadán kane, acudes á irracionalidade para tentar impor o teu criterio como é a unha falacia retórica do argumento de autoridade ou argumentum ad verecundiam: que o topónimo galego é A Coruña "porque o di a RAG".
A RAG está composta por persoas, que acertan e se equivocan como calquera outro. E a RAG de agora non é a RAG dos 80 e 90, na que estaba García Sabell e nese edificio tan so había académicos cando facían unha ou dúas reunións ao ano, nunha institución na que a maioría deles non eran filólogos porque a RAG no era "da lingua" e tiña unha orientación polígrafa. De feito, o seu actual e ilustre presidente non é un filólogo, senón un magnífico historiador.
E nesa RAG dos 80 e 90 que lembro, non había os medios que hai hoxe. Creo que foi polos 90 (ao final) cando alugaron un pisiño na rúa Tabernas frente a se social, pisiño na que empezou a traballar algún filólogo profesional. Até entón, os académicos facían o que podían, e os que coñecíamos aquela sede sabíamos que os únicos que traballaban alí eran o arquiveiro-bibliotecario, un ordenanza pagado polo concello da Cruña e a limpadora. Para que a xente teña idea da falta de medios cos que contaba a RAG, baste dicir que a sa de consulta do arquivo-biblioteca constaba de dúas mesas, de caoba, moi bonitas, con sillóns fraileros aos seus lados. Se un miraba ao teito, non vía mais que ronchóns de humidade e dúas bombillas colgadas polo fío das que so funcionaba unha, e eso en inverno cando había pouca luz, porque dúas bombillas facían moito gasto e a RAG non tiña un peso. E podería seguir coas penurias que viviu a RAG até a chegada de D. Paco e Barreiro. Así que ninguén me fale da RAG dos 80 ou 90 como infalible, porque os medios materiais e persoais dos que dipoñían eran ben escasos.
Polo tanto, para facer unha argumentación racional tes que explicar porque a RAG adoptou ese topónimo "A Coruña" e non dicirme porque eles saben moito e ti pouco, porque o que dis non é unha argumentación válida, é unha falacia retórica (de libro).
E como non tes argumentos, berras, dis que se cabrean os demais, cando polo que a min atinxe estou moi tranquilo, e acudes ao insulto, como acude ao insulto que o te precede, o cal tan so rebela a falta de argumentos de ambos, porque cando os hai válense por eles sos e non hai que chamar: estúpidos, antigalegos, anormales, fascistas, enanos nostálxicos, cocksuckers, assholes, e agora oligofrénicos frustrados :D
E o demais, de plaza de María Pollita, Ronda del Otero ou Zevilla, é moi gracioso,pero ademais de non estar documentado desde a Idade Media como ocorre no caso de La Coruña (ollo, desde 1286), resulta que o suposto argumento tampouco vale, porque non hai falantes que usen el Roblecito, senón Carballo, nin plaza de María Pollita, senón Plaza de María Pita; e no caso dos que usan Zevilla, todos recoñecen que é unha variedade dialectal no que o rexistro culto é Sevilla.
Nesta cidade, tan so os que queren colar como argumento a falacia retórica ou o insulto, son os que negan á maioría dos coruñeses a cooficialidade do topónimo tamén en castelán. E volvo a chamar a atención do lector sobre a violencia verbal ou as falacias retóricas dos que se opoñen á cooficialidade, chamo a atención sobre a irracionalidade.
En resumo, é tan sinxelo como considerar que os falantes que usan La Coruña piden equidade, que non se lles poña a eles a parte estreita do embudo, e queren que esa denominación recomendada pola RAE sexa oficial, como o é a que recomenda a RAG.