Máis voces piden a presenza de Galicia na Comunidade de Países de Língua Portuguesa

Novas críticas desde Angola á presenza na 21º Cimeira da CPLP de Guinea Ecuatorial e non de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/11/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A 21º Cimeira da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) volveu deixar unha imaxe que non lle gusta a moitos. A do dictador Teodoro Obiang como un dos convidados estrela en representación dun país no que o portugués é unha lingua minoritaria.

Mugabe e Obiang
Mugabe e Obiang | Fonte: xconfidencial.blogspot.com

Por iso, desde redeangola.info denuncian a presencia de Guinea Ecuatorial neste cumio e a exclusión de Galicia. Así, nunha crónica de Aline Frazão, críticase que a CPLP se teña convertido máis nun ente político que lingüístico e que non teña en conta aspectos como a lingua, a cultura, a educación e o debate histórico. "Mas não é mais uma questão de língua. Se fosse uma questão de língua, veríamos a Galiza sentada à mesa. Como sabemos, a Galiza não é só o lugar onde nasceu esta língua em que escrevo. É também uma nação que reivindica o seu lugar no painel de países onde se fala português, com vários movimentos linguísticos e culturais organizados e preparados para isso", apunta.

Así, sinala que a lexitimidade da presenza da Galiza nesa mesa "nin debería ser cuestionada", mentres que a presenza da Guinea Ecuatorial é un "precedente absolutamente embaraçoso para a CPLP, a todos os niveis".

Unha presenza, a de Obiang, na cimeira da CPLP que só se entende por "interesses económicos". "Vale sempre a pena lembrar que a Guiné Equatorial é um desses países onde os direitos humanos são desrespeitados a olho nu, pela mão do magnânimo ditador, Teodoro Obiang, um dos políticos que envergonha o continente e compromete o nosso afã de democracia, liberdade e igualdade", indica.

Precisamente, o Consello da Cultura Galega foi admitido este 1 de novembro na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador Consultivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 nostrus

Cierto que Guinea no es un modelo a imitar por la falta de respeto a las personas, el mismo respeto que habria en Galicia si mandaran los que priman el derecho de las lenguas por encima de los derechos de las personas. Por otro lado creo que someter a la lengua gallega como sucedánea de la portuguesa no me parece buena idea. Lengua hermana suya, pero no lengua sometida a ella.

1 Vigués

Nostrus, non enganas a ninguén coas túas mentiras ou coa túa inmensa ignorancia (escolle ti o apelativo): Obiang era amigo de Fraga, o rei Juan Carlos foia lá e tamén recibiu o ditador, a selección española de fútbol xogou un amistoso de fútbol con Guinea hai non moito e o goberno de Rajoy lévase ben e fai negocios co sátrapa e cos seus familiares. Guinea forma parte das contas de falantes que fai a RAE, non a Rag. Fórmate un pouco.

2 Valdetires

Como diría Celso Emilio Ferreiro: "Mequetrefe sen raices" Na Galiza mandan os que priman o espanhol por riba da lingua propia do pais: o Galego. E cando tenhas un pouco de vagar infórmate, o portugués nasceu cá na Galiza.

3 nostrus

Vigués, xa sei que Guinea forma parte das contas que fai a RAE; tamen Galicia ¿ou non?. Valdetires, certo que non teño raices, teño pernas, e inda que son leal aos meus antepasados teño a suficiente mentalidade para pensar por min e non teño porque estar atado ao que fixeron os meus antergos porque tampouco lle esixo aos meus descendentes que fagan o que lle deixo dito eu, sinon que os deixo que fagan o que eles queiran. Mequetrefe ti, que non es capaz de pensar por ti e deixas esa tarefa a outros.

4 Burrainas

nostrus, eres un ignorante empedernido sen puñetera idea de sociolingüística. Parece que estás pedindo a gritos que cho digan jajaja