A Escola de Arte Mestre Mateo celebra na Cidade da Cultura a sétima edición do seu desfile 'Despunte'

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebrará este venres, día 4, a sétima edición do seu desfile 'Despunte' na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2016 | Actualizada ás 16:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebrará este venres, día 4, a sétima edición do seu desfile 'Despunte' na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Segundo informou a escola, o obxectivo deste desfile é difundir o talento e saber facer do alumnado entre as persoas, empresas e institucións relacionadas co mundo da moda, a xoiaría, o deseño e a arte en xeral.

Baixo o título 'Despunte', desfilarán os traballos finais de estudios das ensinanzas superiores de Deseño de moda, que darán paso, co nome de 'Miscelánea', aos traballos do terceiro curso das ensinanzas superiores de Deseño de moda. Por último, poderán verse os traballos finais do alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta