SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2016 | Actualizada ás 18:31 por EUROPA PRESS
A localidade ourensana de Niñodaguia, situada no municipio de Xunqueira de Espadañedo, inaugurou este sábado un museo dedicado á olaría que busca "dar a coñecer esta cultura milenaria", segundo informou a Deputación de Ourense.
A aldea de Niñodaguia representa o "último reduto da artesanía cerámica ourensana" grazas á beta de arxila de Monte do Barro e, na actualidade, aínda se conservan tres fornos comunais exteriores que foron restaurados recentemente.
O acto de inauguración do museo contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen estivo acompañado polo alcalde de Xunqueira de Espadañedo, Carlos Gómez Blanco, e polo oleiro Agustín Vázquez.
Así, no museo poderanse realizar visitas guiadas, percorridos polos fornos comuneros, así como outras actividades especialmente pensadas para os centros educativos, como talleres de olaría tradicional, nos que os alumnos poderán tocar e traballar o barro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.