Alerta por neve en varias comarcas do interior

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) decretou o aviso amarelo por neve na Montaña de Lugo e de Ourense, concretamente entre as 18,00 horas deste domingo e as 6,00 horas deste luns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2016 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) decretou o aviso amarelo por neve na Montaña de Lugo e de Ourense, concretamente entre as 18,00 horas deste domingo e as 6,00 horas deste luns.

Alertas da AEMT para este luns e domingo
Alertas da AEMT para este luns e domingo

En concreto, espera que a acumulación de neve alcance os cinco centímetros tanto na montaña lucense coma na ourensana. Non obstante, aínda que a cota de nevada pode baixar ata os 800 ou 900 metros durante a madrugada, a acumulación de neve espera fundamentalmente por enriba de 1000 metros.

Con todo, Meteogalicia non decretou ningún tipo de aviso, pois a neve, tal e como indicaron a Europa Press, non vai ser "significativa" debido a que se prevé que a cota non baixa dos 900 metros a partir da tarde deste domingo.

E é que dende Meteogalicia explicaron que os chuvascos se están a restrinxir á metade norte de Galicia sen baixar cara ao sur, afectando pouco a Montaña de Lugo e Ourense.

En concreto, esta fin de semana producíronse as primeiras nevadas na Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta