Temas: IMAXE

Carolina Cruz Guimarey. Walking In Circles

A súa mostra inaugurase en Edimburgo o 11 de novembro.

Por ediSCQ - Ana Chouciño | Edimburgo | 10/11/2016 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

11 – 26 novembro

Obra de Carolina Cruz Guimarey que se exporá en Edimburgo
Obra de Carolina Cruz Guimarey que se exporá en Edimburgo | Fonte: Ana Chouciño

Inauguración: 11 novembro, 18-20

Carolina Cruz Guimarey está a camiñar en círculos nun parque de Edimburgo. Manifesto de Resistencia e reflexo da natureza: camiñamos en círculos mentras a terra xira ao redor do sol, mentras a lúa xira ao redor da terra. Camiñamos en círculos como un can prisioneiro ao redor da súa caseta.

Carolina documentará esta acción da que non quedarán pisadas, detallará tempo e lugar para reivindicar o significado do insignificante.

A mostra  terá lugar na galería Interview Room 11, de Edimburgo.  Atópase en Ocean Terminal, un centro comercial nas aforas da cidade. Este contexto, totalmente dirixido ao consumo, fai máis impactante a improductividade desta acción, andar en círculos sen nengún obxectivo concreto,  sen deixar pisadas. 

Obra de Carolina Cruz Guimarey
Obra de Carolina Cruz Guimarey | Fonte: Ana Chouciño

Esta exposición contará tamén con anteriores traballos da artista galega, fotografías no que o seu corpo se funde coa natureza creando así un universo  híbrido entre o real e o inventado.

Este proxecto é posible gracias a Acción Cultural Española (AC/E) gracias a súa modalidade de Movilidad del Programa de Internacionalización de la Cultura Española (PICE). Conta, además, coa colaboración do Consulado General de España en Edimburgo e ABZ Spanish Food Distribution.


Ana Chouciño

A distancia ás veces danos perspectiva; outras, simplemente, fainos idealizar o que botamos en falta. Escribirei desde Edimburgo, sobre Edimburgo e sobre Santiago. Contareivos como unhas cidades se inventan e outras se lembran e como ao final todo é o mesmo.

linkedin.com/in/anagonzalezchoucino

Le máis artigos de Ana Chouciño aquí.

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta