Temas: CINEMA INDIA

O cinema independente indio chega a Santiago

A Facultade de Xornalismo proxectará a película Peepli Live coa presencia do profesor e experto en cinema independente indio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2016 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

O cinema indio non só e Bollywood, a potente industria cinematográfica que mesmo lle fai sombra a Hollywood. Nos últimos anos, neste gran país asiático tamén teñen xurdido proxectos de cinema independente moi interesantes, algúns deles, premiados en importantes festivais internacionais.

Ashvin Devasundaram á esquerda con varios actores e directores indios
Ashvin Devasundaram á esquerda con varios actores e directores indios

Precisamente, para coñecer ese outro cinema social e político da India a Facultade de Xornalismo proxectará este xoves, ás 18.00 horas, a película Peepli Live, unha cinta que narra a penosa situación dos agricultores indios. E é que moitos deles suicídanse ante a imposibilidade de poder manter ás súas familias. Unha situación que aproveitan os medios para converter a morte en auténticos reallyties.

E para falar dese novo cinema indio estará Ashvin Devasundaram, un dos maiores especialistas en cinema independente indio e actualmente profesor de World Cinema na Queen Mary University de Londres. Este investigador é, ademais autor do libro “Indian's new independent cinema”.

Temas: CINEMA INDIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta