Posesión.- A nai de Feijóo, "moi emocionada", celebra que será avoa e avanza que ela chamará "Alberto" o seu neto

"Creo que me van facer caso", asegura Sira Feijóo sobre o nome que ela elixiu para o fillo do presidente da Xunta e Eva Cárdenas

| 12/11/2016 | Actualizada ás 18:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A nai do presidente da Xunta, Sira Feijóo, deixouse ver "moi emocionada" na que constitúe a terceira vez que o seu fillo Alberto Núñez Feijóo tomou posesión do cargo como primeira autoridade de Galicia, sentimento que mostrou por partida dobre "pola falta do papi", Saturnino Núñez, que faleceu hai uns meses.

Xa en 2012, tras a toma de posesión do que era o seu segundo mandato, Sira Feijóo augurou que "se houbese unha terceira vez" volvería emocionarse. "Estou emocionada, moito, tamén pola falta do papi e por ser a terceira vez", manifestou a nai do presidente do Goberno galego a un reducido grupo de xornalistas.

Con todo, e sabedora de que en febreiro Feijóo será pai, Sira non pasou por alto que ve ao seu fillo "complicándose cada día máis a vida". "Pero ben, por un lado estou contenta, porque se se presentou é porque quería gañar", subliñou.

"EU VOUNO CHAMAR ALBERTO SEMPRE"

Sira Feijóo, de quen é afamada a súa declaración de que Galicia "non lle daba netos", celebrou este sábado que por fin será avó. "¡Grazas a deus, filla miña! Si, un neno", celebrou.

E en canto ao nome do fillo do presidente da Xunta e a directiva do Grupo Inditex, Eva Cárdenas, Sira teno claro: "Eu, dende o primeiro día que o souben", asegurou ao ser preguntada. "Eu vouno chamar Alberto sempre, para min, para min; pero creo que me van facer caso", sentenciou.

Sira Feijóo estivo acompañada da súa filla, Micaela, e da parella do seu fillo. As tres compartiron a primeira fila do acto de toma de posesión no Salón dos Reis do Pazo do Hórreo e foron uns dos rostros máis buscados para inmortalizar a celebración do arranque do terceiro mandato do dirixente popular.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta