A Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora da película muda 'Metrópolis' en Cineuropa

Este xoves 17 de novembro proxectarase a película muda 'Metrópolis' dentro da 30 edición de Cineuropa e, simultaneamente, a Real Filharmonía de Galicia interpretará, baixo a batuta do director andaluz Manuel coves, a banda sonora orixinal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2016 | Actualizada ás 18:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Este xoves 17 de novembro proxectarase a película muda 'Metrópolis' dentro da 30 edición de Cineuropa e, simultaneamente, a Real Filharmonía de Galicia interpretará, baixo a batuta do director andaluz Manuel coves, a banda sonora orixinal.

'Metrópolis' é unha película de culto, referente do expresionismo alemán, dirixida no ano 1927 por Fritz Lang e con música de Gottfried Hupperttz.

Tanto a fita como as partituras foron cedidas polo European Film Philarmonic Institute.

A película, cunha trama apocalíptica que transcorre nunha megápolis no ano 2000, a pesar de ser no seu día unha superprodución foi un fracaso de venda directa, chegando a ser en 1984 nomeada a peor banda sonora e peor canción orixinal nos Premios Razzie.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta