Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/12/2009 | Actualizada ás 18:58
E finalmente, no último Consello da Xunta aprobouse o Plan de Medios do Xacobeo 2012 que contará con case sete millóns de euros. O contrato comprende a realización dunha estratexia de medios global de ámbito nacional, para o Xacobeo, incluíndo a elaboración e xustificación cuantitativa e cualitativa do proceso completo de:
* Análise e investigación de targets, contexto actual e o futuro do mercado, posible competencia e sobre a imaxe e coñecemento do Xacobeo como marca.
* Desenvolvemento dunha Estratexia de Medios global e por períodos, defendida racionalmente, para a consecución dos obxectivos de medios previamente fixados.
* Planificación de medios e plans tácticos para levar a cabo as estratexias recomendadas.
* Contratación de espazos publicitarios para a súa posterior difusión nos diferentes medios.
* Seguimento, control e peche campañas.
* Asesoría e recomendación durante todo o período.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.