MADRID | 18/11/2016 | Actualizada ás 14:45 por EUROPA PRESS
O exsecretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, foi nomeado presidente do Consello Superior de Deportes (CSD) en substitución de Miguel Cardenal, segundo anunciou este venres o ministro de Educación, Cultura e Deportes e voceiro do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, tras a reunión do Consello de Ministros.
José Ramón Lete, exdirector Xeneral de Deportes e exsubdirector xeral de Promoción Deportiva da Comunidade de Madrid, cesou este xoves como secretario xeral de Deportes da Xunta, cargo ao que accedeu en 2009, "para pasar a outro destino", tal e como informou a Xunta nun comunicado.
Lete era un dos nomes que aparecía nos prognósticos como posible substituto de Miguel Cardenal, que a semana pasada anunciou que non seguiría no posto, xunto a outros como o Director Xeral de Deportes da Comunidade de Madrid, Pablo Salazar; o exvicealcalde de Madrid Manuel Cobo; ou o alcalde de Guadalajara, Antonio Román.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.