SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2016 | Actualizada ás 18:11 por EUROPA PRESS
O alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela, chamou a deixar "personalismos" a un lado no PSdeG e "pensar en colectivo e no partido" para que "fale a militancia" e escolla un novo executivo en Galicia.
En declaracións a Europa Press este sábado, Varela respondeu ás palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que asegurou que "a xente" que gaña "eleccións en Galicia" reclama que a xestora do PSdeG dirixida por Piar Cancela "non pode continuar nin un día máis".
"Iso é moi relativo. Os que gañan hoxe, en algún momento perderon e os que hoxe perden, nalgún momento poden gañar", indicou o rexedor aurosano, que cre que a cuestión non é "cambiar unha xestora por outra" senón que "o lóxico e urxente é convocar un congreso" do que saio un novo executivo.
Polo tanto, reclamou "prudencia e responsabilidade" para abordar a situación interna dos socialistas galegos, así como "ser respectuoso coas regras do xogo".
Este sábado a dirección provincial do PSOE na Coruña abriu a porta a que Cancela sexa substituída á fronte da xestora a condición de que se convoque de forma inmediata o congreso.
Pola súa banda, Varela defendeu o "grande labor" de Piar Cancela á fronte do órgano provisional, pero emprazou a que o conclave do PSdeG se convoque de forma "urxente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.