Por GC Tendencias | Bos Aires | 20/11/2016 | Actualizada ás 22:15
Este galardón distingué a unha persoa ou institución que se teña salientado a prol da cultura galega nas súas relacións coas colectividades emigrantes e, máis concretamente, coa realidade bonaerense.
Oprofesor e académico Henrique Monteagudo, é codirector, xunto con Víctor F. Freixanes, da revista Grial. X Naceu en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, estudou sociolingüística e é profesor na USC desde 1982 e membro numerario da Real Academia Galega.
Nunha carta oficial que o alumnado enviou ao premiado argumentase, entre outras razóns, a atención constante que Henrique Monteagudo vén dedicando ás varias Galicias de alén mar, non só a Galicia arxentina, e a alta estima que no centro docente se ten pola súa obra, tanto no plano académico como no que atinxe á súa actividade como dinamizador cultural.
En anteriores edicións o Premio Rosa dos Ventos foi concedido a Víctor F. Freixanes, Luis González Tosar e Manuel Rivas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.