Por GC Emprende | Compostela | 21/11/2016 | Actualizada ás 18:14
Abanca pretende reforzar o seu posicionamento no mercado do crédito ao consumo mediante a creación dunha unidade especializada que "de xeito inmediato" se encargará do desenvolvemento desta liña de negocio "para poder competir cos establecementos financeiros de crédito", segundo destaca nun comunicado.
Na nota, a entidade reivindica que continúa con iso a súa "transformación comercial", que enmarca dentro do seu plan estratéxico e apunta ao desenvolvemento de capacidades comerciais "nos negocios máis rendibles no actual contexto de tipos e de mercado".
Esta unidade especializada, que se denominará 'Abanca Consumer Finance', competirá cos especialistas en financiamento ao consumo e prevé conceder un importe de 400 millóns de euros durante a súa primeira fase de desenvolvemento.
Complementará o labor que desenvolve a rede comercial da entidade na concesión de financiamento ao consumo aos seus clientes particulares. Para iso, segundo explica Abanca, operará en "dúas frontes comerciais diferenciadas": o desenvolvemento das súas canles prescriptores (concesionarios, retailers, etcétera) e o financiamento directo a clientes mediante distintas modalidades de tarxeta/empréstito.
A través de 'Abanca Consumer Finance' o banco lanzará ao mercado novos produtos de financiamento, segundo destaca, que se caracterizarán, asegura, pola súa "competitividade, innovación, sinxeleza e comodidade para o cliente".
A súa creación implica a formación dun novo equipo dentro da entidade, apunta, e estará liderada por Salvador Loscertales, executivo con 25 anos de experiencia nos segmentos do financiamento ao consumo e corporativo, recentemente incorporado a Abanca.
OFERTA PARA PARTICULARES E COMERCIOS
Abanca asegura dispoñer dunha ampla oferta de produtos e servizos para o financiamento ao consumo que serán, di, "a base da nova unidade especializada".
Destaca o empréstito 24 horas e a súa variante para a adquisición de vehículos novos ou usados para uso particular, o servizo de financiamento en punto de ve
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.