Temas: CONSTRUCIóN

Os almacéns baratos, un nicho de negocio que pode medrar no país nos próximos anos

O negocio do “selfstorage”, ou autoalmacenamento, é un dos nichos aínda non moi explotados que comeza a consolidarse no país, en parte impulsado por unha boa noticia -a leve recuperación económica- e en parte grazas a unha mala noticia -a sempiterna emigración dos galegos.

Por GC Emprende | Vigo | 23/11/2016 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

O autoalmacenamento  ou selfstorage consiste en alugar a particulares e empresas espazos para que poidan almacenar o seus efectos persoais ou mobiliario de oficina. A principal avantaxa é que pódese alugar o espazo por períodos moi reducidos, habitualmente un mes ou as veces só unhas semanas. 

Trasteiros en Arganda del Rey
Trasteiros en Arganda del Rey | Fonte: Global Box

Isto permite, aforrar unha considerable cantidade de diñeiro mentres, por exemplo, se busca unha oficina a que mudarse despois das vacacións do verán ou mentres se busca un piso noutra cidade a que se vai emigrar. Este tipo edificios soen estar construídos para esta finalidade de almacenamento, polo que proporcionan ademais bastante seguridade contra os roubos. Tamén é común que incluso oferten asegurar os contidos, aínda que por cantidades limitadas, en torno aos 1.000 euros. As empresas que os xestionan acostuman ademais a ofrecer servizos relacionados coas mudanzas, como a venda de caixas e embalaxes ou incluso o propio servizo de transporte do material.

O target principal destes almacéns son usuarios que viven ou fan negocios en áreas urbanas e comerciais moi demandadas, nas que os prezos dos alugueiros son moi elevados. Un exemplo serían as familias que viven nos centros históricos e non teñen moito espazo na casa, polo que precisan dun lugar onde gardar a roupa do inverno durante o verán, e viceversa. Ou empresas que necesitan un lugar onde ir arquivando a súa documentación, e non están dispostas a pagar os prezos elevados dos almacéns que hai nos seus edificios de oficinas. Para estas compañías é tamén común que se ofreza o servizo de destrución de documentación mediante trituradoras. 

En Galicia xa existen polo menos dous espazos deste tipo na periferia das dúas principais cidades. Un no polígono do Pocomaco, na Coruña; e outro preto do Meixoeiro, na estrada de Madrid, na contorna de Vigo. Con todo, a tendencia é que, a medida que se consolide a fin da crise da construción, o prezo do chan nas zonas máis demandadas das cidades volva a medrar moito, polo que en consecuencia aumentará a demanda de espazos máis baratos para almacenaxe nas periferias. 

Debido a que é un sector que aínda está verde no país, os prezos deste servizo en Galicia son algo altos e non se poden comparar cos que hai nas grandes urbes, onde hai máis competencia. Por exemplo en Madrid empresas de selfstorage como Global Box ofrecen rochos dende só seis euros por semana e incluso a posibilidade de alugar espazo unicamente para certas caixas. E é que a flexibilidade e a personalización das ofertas son clave para o éxito destes servizos.

Temas: CONSTRUCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta