Sancionada unha policía local de Pontevedra por "abusar das súas atribucións" eludir unha multa da grúa municipal

Unha axente da Policía Local de Pontevedra foi sancionada con 15 días de suspensión de emprego e soldo por un "abuso de atribucións" ao utilizar o seu cargo para eludir unha multa da grúa municipal.

PONTEVEDRA | 28/11/2016 | Actualizada ás 17:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha axente da Policía Local de Pontevedra foi sancionada con 15 días de suspensión de emprego e soldo por un "abuso de atribucións" ao utilizar o seu cargo para eludir unha multa da grúa municipal.

Segundo consta no expediente sancionador que acaba de resolver o Concello, a axente tiña o seu coche particular aparcado de forma irregular en zona de carga e descarga da rúa Emilia Pardo Bazán. Cando a grúa enganchou o coche pediu ao condutor que, en lugar de levalo ao depósito de San Mauro, o deixase aparcado na avenida de Bos Aires.

No control diario que realiza este servizo non quedou constatado que a muller aboase o custo do enganche da grúa, 115 euros. Esta conduta, conclúe o expediente sancionador, é unha falta "grave" polo que se resolve sancionala.

A axente traballa habitualmente no servizo de grúa municipal. Segundo informou o voceiro do Goberno Local, Raimundo González, a afectada admitiu os feitos polo que a sanción entrará en vigor o próximo 1 de decembro. Ademais, deberá pagar o enganche que non foi aboado no seu día.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta