SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2016 | Actualizada ás 17:29 por EUROPA PRESS
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, recibiron este martes unha delegación do goberno de Hunan, provincia do sueste de China, interesada en facer investimentos no estranxeiro, especialmente no sector agroalimentario.
Así, un representante deste executivo e voceiros de distintas empresas asistiron a esta reunión para descubrir as vantaxes e atractivos de Galicia neste ámbito e para explicar as súas necesidades.
Neste sentido, a conselleira faloulles da "posición punteira" da Comunidade en sectores como o lácteo, o vitivinícola, o cárnico e o forestal, nos que Galicia ten "marxe de crecemento".
A delegación está composta pola representante en Europa da provincia de Hunan, Wen Fei, o CEO de China Center de París, Hong Tian, o presidente de OSA, Francisco Concejo, e os socios da consultora internacional Axperia Ventures, Armando Priegue-Feire e Enrique Luis Sánchez Arias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.