A Xunta retira o temario do proceso selectivo de Gardacostas denunciado polo CSI-F

A Dirección Xeral de Función Pública retirou da Mesa Xeral o temario específico do proceso selectivo para Gardacostas despois de que o CSI-F denunciase que era "idéntico ao 100 por cento ao que imparte unha academia privada de preparación de oposicións da provincia de Pontevedra dende hai ano e medio".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2016 | Actualizada ás 18:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Función Pública retirou da Mesa Xeral o temario específico do proceso selectivo para Gardacostas despois de que o CSI-F denunciase que era "idéntico ao 100 por cento ao que imparte unha academia privada de preparación de oposicións da provincia de Pontevedra dende hai ano e medio".

O sindicato asegurou que a Xunta lles trasladou que a Consellería do Mar, onde se incorporarán os opositores, iniciará tamén un proceso de investigación interna "por se fose necesario depurar responsabilidades".

De boto, CSI-F denunciara tamén que "curiosamente" a academia que ensinaba este temario "ten contratado como profesor para preparar estas oposicións a un inspector da Consellería do Mar".

Para o sindicato, a coincidencia dos epígrafes temáticos demostra a "falta de control dos procesos selectivos e a conivencia da Administración con grupos privados de preparación de oposicións en detrimento da Egap".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta