O informe “demoledor” do primeiro fiscal sobre os agasallos de Monbus a Feijóo

O primeiro fiscal do caso emitiu un informe contundente no que apoiaba as teses da xuíza Pilar de Lara para trasladar a causa dos agasallos de Monbus a Feijóo e Rueda ao TSXG. O representante da Fiscalía desapareceu de xeito repentino da escena e foi subsituído polo fiscal xefe, que mudou por completo a versión inicial para sorpresa da maxistrada lucense.

Por Xerardo Porto | Compostela | 12/12/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

“En el presente procedimiento existen indicios consistentes, derivados de la numerosa prueba documental y de la prueba testifical practicada, para apreciar un delito de cohecho tipificado en el artículo 422 del Código Penal”. Así principiaba o informe do fiscal do caso Cóndor en decembro do 2015.

“Por todo lo expuesto, y sin prejuzgar lo que puedan decidir los tribunales competentes, el fiscal entiende que procede elevar exposición razonada a la Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Justicia de Galicia con relación a don Alberto Núñez Feijóo y don Alfonso Rueda Valenzuela, y a la Sala Segunda del Tribunal Supremo con relación a don José Blanco López”, concluía o fiscal, apoiando de xeito claro e contundente as teses da xuíza Pilar de Lara para investigar os agasallos recibidos de Monbus polo presidente e vicepresidente da Xunta, entre outros aforados.

O informe do fiscal Jesús Álvarez González, ao que tivo acceso GC, non admitía dúbidas, e destacaba como o investigado Raúl López, propietario de Monbus, “enviaba anualmente costosos obsequios a un número elevado de autoridades en España (…) con la intención de propiciar una buena relación con el grupo empresarial citado y de conseguir facilidades con las correspondientes Administraciones”. E incidía nun dato significativo: “A don José Blanco se le rebajó sustancialmente el valor del obsequio al dejar de ser ministro”.

E observaba o fiscal: “El artículo 422 del Código Penal castiga a la autoridad o funcionario público que admitiera dádiva o regalo ofrecidos en consideración a su cargo o función”. E engadía, aludindo a Núñez Feijóo e Alfonso Rueda: “Los regalos en este caso, y con referencia a las personas aforadas, suponen un valor que, en principio, excede de la costumbre de agasajar por parte de una empresa a sus clientes”. Feijóo e Rueda recibiron cada un do dono de Monbus lotes de Vega Sicilia por valor de máis de 2.300 euros entre 2010 e 2013.

E aclara o fiscal do caso: “Cuando la Administración Pública contrata obras o servicios de una entidad privada, la autoridad contratante o sus superiores sólo son mandatarios del interés público, de manera que la persona física no es propietaria y no debe actuar en beneficio propio”. No informe elaborado por Vixilancia Aduaneira sobre os agasallos de Monbus a preto dun cento de autoridades e funcionarios, queda claro que os beneficiarios recibían os aguinaldos nos seus propios domicilios.

Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro.
Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro.

Desaparición de xeito repentino do caso

Pero o fiscal do caso que elaborou este informe desapareceu de xeito repentino da escena e foi substituído polo fiscal xefe, Roberto Brezmes Caramanzana, que medio ano despois emitiu outro informe no que mudou por completo a versión da Fiscalía, tras, segundo el mesmo relata no seu escrito, “recabar de la Fiscalía General del Estado y de la Fiscalía Superior de Galicia un criterio común”. A xuíza Pilar de Lara destaca como na causa constan “dos informes de la Fiscalía Provincial de Lugo dispares y, pudiéramos afirmar, contradictorios entre sí”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sostivo este domingo nunha entrevista en La Voz de Galicia que “o fiscal do caso loxicamente di que non hai nada”.

De Lara non oculta a súa sorpresa nos autos dictados con posterioridade, a finais deste ano: “Desde el momento de la emisión de dicho informe, y la incoación de las presentes diligencias previas, hasta la actualidad, no ha aparecido ninguna circunstancia nueva que modifique la naturaleza jurídica de los hechos, de modo tal que lo que antes podría ser considerado delito, ahora deje de serlo”.

A titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo destaca como o primeiro informe da Fiscalía Provincial de Lugo estimaba, ao respecto dos perceptores de agasallos coa condición de aforados (Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e José Blanco), que debía elevarse exposición razonada ao TSXG e ao Supremo. A xuíza De Lara non entende que a Fiscalía non interpuxese recurso no seu momento contra o auto de incoación das dilixencias previas nin contra as sucesivas resolucións xudiciais onde se acordaba a práctica de novas dilixencias de investigación sobre a causa, e agora pida o “sobresemento definitivo”, algo que a maxistrada rexeitou no seu último auto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antinostrus

E que ca ra llo pinta aí "Pijolandia"- ou será o mononeuronal do Nostrus - (o "pagaro" a quen os compañeiros da ppcorporación compostelá lle pagaron o abogado polo pu to morro) entre esos dous elementos??.

1 galegoexiliado

Xa o decía Groucho Marx: "Tenemos unos fiscales, y si no nos gustan ponemos otros". ¿Donde oín eu que o novo ministro quere sustituir o xuiz instructor por un fiscal? Que mal pensados somos os galegos de clase baixa.