Emalcsa alerta dun falso operario que intenta estafar clientes ao tratar de cobrar en efectivo facturas

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) detectou, nos primeiros días deste mes, tres intentos de estafa levados a cabo por unha persoa que se identifica como operario da empresa "e ameaza con cortar o servizo de auga se non se lle aboa no momento un factura atrasada", segundo informa a compañía.

A CORUÑA | 12/12/2016 | Actualizada ás 17:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) detectou, nos primeiros días deste mes, tres intentos de estafa levados a cabo por unha persoa que se identifica como operario da empresa "e ameaza con cortar o servizo de auga se non se lle aboa no momento un factura atrasada", segundo informa a compañía.

Nun comunicado, advirte de que se trata dunha "suplantación de identidade" que xa foi posta en coñecemento das autoridades. Ao respecto, subliña que os técnicos de Emalcsa "nunca aceptan pagamentos en efectivo e toda a débeda ou problema de non pagamento sempre é anunciado por carta, nunca porta por porta", apostila.

Por outra banda, indica que, segundo os afectados, o estafador é un home novo, "que se presenta na vivenda en nome de Emalcsa anunciando que vén a realizar un corte de subministración por falta de pagamento". "Cando se lle piden explicacións, o falso operario simula unha chamada de teléfono na que pide permiso para cobrar a presunta débeda no momento e en efectivo", segundo explica.

Sobre este tipo de peticións, a empresa municipal sinala que "en ningún caso debe aceptarse aboar en man este suposto atraso xa que se trata dunha estafa", insiste. Por outra banda, indica que, en caso de dúbida ou de necesitarse información adicional sobre un servizo de Emalcsa, póñanse en contacto coa compañía.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta