OURENSE | 23/12/2016 | Actualizada ás 09:47 por EUROPA PRESS
A Garda Civil de Tráfico mantén pechada á circulación dun dos carrís da A-52 en dirección a Vigo a causa do accidente dun camión de transporte de animais vivos que se saíu da vía esta madrugada.
Segundo a información da Garda Civil, o sinistro tivo lugar sobre a 1,50 horas da madrugada deste venres no quilómetro 236,4 da A-52, cando o camión con remolque, que transportaba polos cara ao matadoiro de Coren, se saíu da vía e envorcou sobre a cuneta.
Ata o lugar foron mobilizados efectivos da Garda Civil e de Mantemento para regular o tráfico e sinalizar o sinistro, que non causou feridos nin retencións de tráfico.
A primeira hora da mañá continúa o corte no carril dereito mentres se procede á retirada do camión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.