SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2016 | Actualizada ás 10:19 por EUROPA PRESS
O grupo Talabarte levará esta semana as músicas do seu traballo 'Fake' ata a Mariña Lucense, cun concerto o mércores na Casa da Cultura de San Cibrao, en Cervo.
O novo traballo da formación integrada por Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García recolle ritmos bailables de tradición europea e a inspiración dalgunhas historias e lendas curiosas como a do monstro do Lago Ness ou a de Prisciliano.
Estes "fakes" históricos inspiraron diversos temas que xa soaron en citas como o Kultur Leioa ou o Opening Concert del Womex e que chegan a Cervo coincidindo co Día dos Inocentes.
'Fake' saíu á venda o 18 de novembro nun gran formato, un CD de 12 temas dentro dun libro disco con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.