VIGO | 30/12/2016 | Actualizada ás 10:33 por EUROPA PRESS
Axentes da Policía Local de Vigo localizaron e detiveron a un mozo veciño da cidade, sobre o que pesaba unha orde xudicial de busca e detención emitida polo Xulgado de Violencia sobre a Muller.
Os feitos tiveron lugar a primeira hora da tarde do xoves, cando efectivos do Equipo de Vixilancia e Apoio (EVAP) da Policía Local, que se encargan da protección a mulleres vítimas de malos tratos, localizaron este home na rúa Numancia.
Trátase de B.L.S., de 22 anos de idade, veciño de Vigo e natural de República Dominicana. O home foi identificado e detido en virtude desa orde do xulgado.
Por outra banda, a Policía Local da cidade olívica tamén identificou, na tarde do xoves, varias persoas tras cometer un suposto furto de roupa nun comercio da rúa Príncipe. O 092 foi alertado polo propio establecemento e, cando chegou a dotación, puideron comprobar que varias persoas que se dispoñían a saír da tenda levaban enriba dúas sudadera e un pantalón de chándal que non pagaran.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.