SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2017 | Actualizada ás 07:13 por EUROPA PRESS
O dúo de saxos 'inStabiles ensemble' ofrecerá este martes un concerto solidario no paraninfo da Universidade de Santiago en favor da Cociña Económica da capital galega.
A entrada ao espectáculo será gratuíta pero os asistentes poderán facer achegas económicas que irán destinadas á Cociña Económica de Santiago, segundo informou a USC.
O dúo, integrado por Adrián Pas e Xabier Casal, interpretará seis pezas de diferentes épocas de varios compositores como Juan Eiras, Wilhem Friedemann Bach, Carl Philipp Emanuel Bach, Paul Hindemith, Bruno Mantovani e Francis Poulenc.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.