O Mosteiro de San Clodio de Leiro (Ourense) será o primeiro spa de 'vinoterapia' de Galicia

O Mosteiro de San Clodio de Leiro (Ourense) converterase, unha vez finalicen as obras de rehabilitación do complexo, no primeiro spa de 'vinoterapia' de Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2017 | Actualizada ás 17:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Mosteiro de San Clodio de Leiro (Ourense) converterase, unha vez finalicen as obras de rehabilitación do complexo, no primeiro spa de 'vinoterapia' de Galicia.

Así, as obras, que afectan á nave lateral deste complexo que ten a súa orixe no século X, dotarán o mosteiro de vestiarios e tres salas de masaxe para ofrecer servizos de "tratamentos específicos con vinoterapia".

Ademais, segundo informou a Xunta, o espazo contará cunha sala de relax, sauna, un vaño de vapor, duchas de contrastes, 'spa-piscina' de 40 metros cadrados e zonas de descanso.

Este venres, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o mosteiro xunto á delegada territorial da Xunta na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, onde destacou que o termalismo é "un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico económico" de Galicia.

Deste modo, Castro apuntou que Galicia conta, grazas ao termalismo, cunha "vantaxe diferenciadora e competitiva respecto a outros destinos tanto a nivel nacional como internacional.

Neste sentido, recordou que existen "máis de 300 captacións catalogadas" das que "máis dunha vintena teñen a cualificación de balneario", o que supón que a comunidade galega se sitúa como "segundo destino europeo en potencia termal, solo por detrás de Budapest".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta