Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/01/2017 | Actualizada ás 14:26
O alcalde de Santiago apoia ao actual portavoz parlamentar de En Marea como líder orgánico da confluencia a nivel galego. “Luis Villares gañouse unha oportunidade para ser o actor principal” asegurou hoxe Martiño Noriega nunha entrevista na Cadena Ser. Cómpre lembrar que Villares logrou que os diferentes grupos presentas na cúpula de En Marea (ANOVA, Podemos, EU, Espazo-Equo, Cerna, mareas locais, etc.) vaian a presentar unha candidatura única e común á elección dunha nova directiva.
Ollo co precendente de Altenrativa Galega de Esquerdas (AGE)
Ao fío disto, o dirixente de ANOVA fixo un chamamento aos seus compañeiros de camiño nas mareas a pechar filas. Noriega quere evitar as liortas internas que provocaron que AGE -a anterior coalición a nivel galega- acabase a lexislatura con varios parlamentarios no grupo mixto. O nacionalista cre que “p imperdoábel sería reproducir os erros do AGE” e opina que “se algo estamos obrigados” os militantes da esquerda é a construír algo común “desarmando as posicións de parte”.
"Pouca política e moita escenificación" na competición en Podemos
Noriega tamén abordou a competición polo liderado estatal de Podemos, unha das patas da confluencia galega. O edil espera que este debate non se propague a Galicia, pois argumenta que o país debe ter un espazo político propio. “Iso non significa vivir illado e sei que hai un debate a nivel de Estado e eu sons consciente de que ese debate pode influír” no futuro das mareas, engadiu. O político de ANOVA tamén criticou o enfrontamento de Íñigo Errejón vs Pablo Iglesias porque nel “ás veces vexo pouca política e moita escenificación”.
Duarte conta co apoio de Noriega
No referido a vida municipal, o cabeza de cartel de Compostela Aberta mostrouse plenamente convencido de que o seu número dous sairía indemne da imputación xudicial que pende sobre el por un presunto trato de favor a un pub - O Tarasca- na tramitación dun expediente de peche. Noriega asegura que el se tería compartido do mesmo xeito que fixo Jorge Duarte e cre que o asunto será arquivado. O alcalde tamén asegurou que el se atopa “cómodo” a piques de pasar o ecuador da lexislatura e asegura que os composteláns están a respaldar as súas xestións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.