Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2017 | Actualizada ás 14:12
“EQUO Galicia rexeita a creación dunha lista oficialista desde o aparato de En Marea”, sinala a formación ecoloxista nun curto comunicado colgado na súa web. Na súa opinión, un pacto entre as diferentes formacións que colaboran na confluencia menoscaba a calidade democrática de En Marea. Para Equo, estamos ante unhas “primarias ficticias nas que só as grandes estruturas poden aspirar a cargos nos órganos de dirección desbotando sistemas realmente democráticos e participativos”.
En En Marea colaboran, entre outros, Podemos, ANOVA, Izquierda Unida, Cerna, Espazo-Equo e numerosas confluencias de ámbito municipal. Até o comunicado de Equo, parecía que todos estaban de acordo en compartiren lista, encabezada polo xuíz Luís Villares, quen foi cabeza de cartel á Xunta.
De todos estes grupos, probablemente Equo sexa o máis cativo no país; aínda que algúns dos seus militantes ocupan cargos públicos, como Daniel Díez, concelleiro de mobilidade na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.