O avogado do exalcalde do Grove José Alfredo Bea presentará unha querela por calumnias contra o autor de 'Fariña'

Pedirá como medida preventiva ao xulgado o "secuestro" da publicación e que non se emita a serie sobre a novela ata coñecer o contido

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2017 | Actualizada ás 13:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O avogado do exalcalde do muncipio pontevedrés do Grove entre 1983 e 1991 José Alfredo Bea Gondar, Rogelio Turrado, asegurou que presentará en próximos días unha querela por un delito de calumnias contra o autor do libro 'Fariña', o xornalista e escritor Nacho Carretero.

Así o manifestou, en declaracións a Europa Press, tras o acto de conciliación sinalado para este mércores no Xulgado de Primeira Instancia número 82 de Madrid, ao que non asistiu o xornalista e escritor nin o seu avogado, senón que estivo representado por un procurador cun poder para "mostrar que non hai avinza", segundo concretou o letrado.

Por iso, Turrado comentou que se porá a traballar no contido da querela por "un delito de calumnias" cara a o seu representado polas afirmacións no libro nas que atribúe ao exalcalde a comisión de feitos delituosos relacionados co narcotráfico galego polos que foi "totalmente absolvido" polo Tribunal Supremo en 2006, segundo recorda.

Deste modo, o avogado Rogelio Turrado trasladou a súa intención de presentar nos xulgados madrileños a querela "á maior brevidade" por un delito de calumnias.

MEDIDAS PREVENTIVAS

Así mesmo, o avogado de Bea Gondar explicou que pedirá ao xulgado como medida preventiva, por un lado, o "secuetro" da publicación 'Fariña' obxecto da demanda.

Tamén solicitará que, de forma preventiva, "non se emita" a serie sobre esta novela "ata que se desvele se as imaxes poden lesionar" o dereito do seu cliente.

Preguntado sobre o asunto relativo ao acto de conciliación tras a denuncia do exalcalde do Grove, Nacho Carretero declinou facer declaracións sobre este tema.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta