SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2017 | Actualizada ás 19:07 por EUROPA PRESS
O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto polo que dispoñen o nomeamento de Alberto Fuentes Losada como secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade e de María Jesús Piñeiro Bello como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Alberto Fuentes Losada releva así no cargo de secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade a Josefina Monteagudo Romero, á que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lle agradeceu o seu labor na rolda de prensa posterior á reunión do consello. Agora pasará a desempeñar o cargo de xefe de gabinete do conselleiro.
Pola súa banda, María Jesús Piñeiro substitúe no cargo de directora xeral de Recursos Económicos a Lourdes Vilachán Angueira, o cesamento da cal foi aprobado este xoves no conselo. O presidente tamén agradeceu o labor.
CURRÍCULOS
Fuentes Losada é licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e conta cun máster universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas pola Universidade de Santiago.
Funcionario do corpo de habilitación nacional dende 2007, exercía como xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra dende abril de 2016. Anteriormente foi secretario xeral dos concellos de Carral, Cambados e Baiona.
Mentres, María Jesús Piñeiro Bello é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago e dende 2016 ata a actualidade exercía o cargo de interventora municipal no Concello de Vilanova de Arousa. Anteriormente, entre 2008 e 2016, desempeñou os cargos de interventora nos municipios de Ponteareas, Bueu e Cangas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.