SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:11 por EUROPA PRESS
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recibiu o traballo elaborado pola Escola Galega da Paisaxe para a redacción da Guía de integración paisaxística dos peches de Galicia.
A directora do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Inés Santé, mantivo un encontro coa directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, á que lle indicou que, a partir de agora, o IET analizará a totalidade dos documentos para integralos neste proxecto de protección da paisaxe.
A Xunta recordou que a Guía de peches de Galicia é un traballo que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, á que se destinou un presuposto de 40.000 euros, e que pretende dotar á Comunidade dunhas pautas para o peche de terreos no medio rural, congruentes coa rica tradición cultural.
En concreto, tratouse dunha investigación sobre os muros e os diversos sistemas de peche de parcelas no medio rural de Galicia, no que se estudaron as diversas tipoloxías de peche en relación co uso das terras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.