Equo Galicia e Espazo votarán a súa separación tras un ano xuntos

A federación entre os ecoloxistas de Equo Galicia e os ecosocialistas de Espazo pode chegar ao seu fin o próximo 18 de febreiro. A cooperativa política reunirase ese día en Santiago no que será a súa primeira asemblea ordinaria. Un dos únicos tres puntos da orde do día sobre a mesa é a “votación sobre a disolución da cooperativa ESPAZO-EQUO e acordos que procedan”. Previamenet avaliaranse as contas e o “estado da cooperativa”.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 20/01/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O certo é que, malia a súa unión na primavera de 2016, as dúas formacións seguen a manter actividade e posicionamentos públicos propios. Especialmente relevante é a recente crítica lanzada dende Equo Galicia á creación dunha “lista oficialista desde o aparto de En Marea”.

Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político

Os ecoloxistas denunciaron un “paso atrás na Marea” ante unhas “primarias ficticias”. Unha denuncia que non tivo eco nos seus socios escosocialistas. Este grupo mostrounos últimos meses o seu respaldo a Luís Villares (quen encabeza precisamente a lista oficialista a que fai referencia Equo) como líder dun "partido de novo formato" no que, en opinión de Espazo, debe cristalizar a confluencia de En Marea.

Así as cousas é posible, a espera da votación a celebrar no Centro Cultural do Ensanche, que cada grupo siga o seu camiño. De feito, Equo Galicia tamén convocou para ese día, ao finalizar o debate sobre a federación, a súa propia asemblea extraordinaria. Nela debaterá un plan de acción propio para 2017 e os seus concelleiros explicarán a súa labor a nivel municipal.

De todos os grupos organizados que confluíron nas mareas galegas, Espazo -un partido socialista e ecoloxista de ámbito autonómico- e Equo -unha formación verde de ámbito estatal- son dous dos máis pequenos. Con todo, os dous teñen algúns militantes con cargos públicos a nivel municipal. Por exemplo, Daniel Díez, de Equo, é concelleiro de mobilidade na Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Sariña de Oia

En realidade só se votará a disolución da cooperativa, máis ca nada por inactividade e falta de interese de algúns. Equo Galicia (@EQUOGalicia) segue a traballar coma sempre. As veces é mellor estar só que mal acompañado...