SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS
A Consellería de Política Social informou este venres de que tramitou, ao longo do ano pasado, un total de 134 certificados de educación non formal en materia de xuventude.
Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que detallou que 66 deses documentos corresponden a participantes en campos de traballo; 31 ao programa Galeuropa; outros 28 a Iniciativa Xove; cinco a Xuventude non Mundo; dous a Erasmus+; un a Correspondentes Xuvenís 3.0 e outro a Xuventude en Acción.
Estes certificados, como explicou, supoñen un recoñecemento de experiencias aos mozos que se implican en programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Ademais de validar as competencias, coñecementos, formación e habilidades derivadas desa participación, os certificados de educación non formal constitúen unha vía máis para axudar aos mozos "na súa transición ao emprego", tal e como remarcou o Goberno galego no comunicado remitido aos medios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.