Temas: RELIXIóN XAPóN

O santo galego que morreu crucificado en Xapón

San Francisco Blanco, coñecido como o “gallego de Monterrey”, foi un fransciscano martirizado en Nagasaki en 1597 por predicar a palabra de Deus.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 24/01/2017 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Martin Scorsese ben se podería ter inspirado na figura de San Francisco Blanco para o seu último filme; Silencio, que narra os sufrimentos dos relixiosos que foron perseguidos en Xapón a finais do século XVI e principios do XVII por tentar predicar o cristianismo.

Pintura xaponesa do século XVII representando o martirio de cristiáns e misioneiros en Nagasaki en 1597
Pintura xaponesa do século XVII representando o martirio de cristiáns e misioneiros en Nagasaki en 1597

E é que este franciscano, nado en Tameirón, na Gudiña, é o único santo galego oficialmente beatificado e canonizado. Unha santidade que lle chegou polos sufrimentos que padeceu nese país tras morrer crucificado en 1597 por predicar a palabra de Deus. Toda a súa historia na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: RELIXIóN XAPóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Cada 5 de Febreiro celébrase na parroquia de Outarelo, no Barco de Valdeorras, a sua festividade, con misas e procesión donde se exhibe a seu cranio que é bicado polos devotos e logo paseado polo párroco en procesión. Bueno, dende hai uns anos o cranio vai en unha pequena urna de cristal.