Localizan o corpo dun dos anciáns da vivenda derrubada en Bóveda (Lugo)

Os servizos de emerxencias localizaron o corpo dun dos anciáns atrapados no incendio dunha vivenda que rematou derrubándose no municipio de Bóveda (Lugo).

LUGO | 30/01/2017 | Actualizada ás 15:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias localizaron o corpo dun dos anciáns atrapados no incendio dunha vivenda que rematou derrubándose no municipio de Bóveda (Lugo).

Efectivos de Bombeiros de Monforte confirmaron ao 112 a aparición dun cadáver entre os entullos sobre as 15.00 horas, e que continuaban cos traballos de busca e de desentullo no lugar dos feitos.

O suceso produciuse no lugar da Raíña, na parroquia de Marín, sobre as 9,00 horas, cando unha veciña alertou de que había "lume" nun inmoble, domicilio dunha parella de anciáns de 95 e 89 anos que se atopaban nese momento na vivenda, tal e como confirmou o alcalde, José Manuel Arias.

Pouco despois de coñecerse a situación, a casa veuse abaixo, e efectivos de Bombeiros e emerxencias atópanse dende esta mañá no lugar cunha retroescavadora tratando de localizar os ocupantes da vivenda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta