A CORUÑA | 06/02/2017 | Actualizada ás 18:36 por EUROPA PRESS
As inscricións para o Fórum Gastronómico A Coruña 2017 están abertas, segundo informa a organización sobre un evento que terá lugar do 12 ao 14 de marzo no recinto feiral ExpoCoruña.
O programa de actividades terá como eixo central a nova cociña galega, "que nesta edición adquirirá un gran protagonismo posto que máis de 60 cociñeiros de Galicia pasarán polo auditorio e os talleres do Fórum para ofrecer a súa cociña en directo", explican.
Entre outros, estarán Pepe Solla, Javier Oleiros, Luís Veira ou Iván Domínguez, ademais de novas promesas galegas como Alberto Cruz, Carlos Javier González, Diego López ou Iago Pazos. Tamén estarán os colectivos Coruña Cociña e Grupo Nove. Outros participantes serán os chefs Anxo León, Alexandre Silva ou David Chamorro.
Como novidade, este ano realizaranse sesións monográficas de especialización dunha tarde de duración, concretamente una de peixes e unha de carnes. Ademais, nun novo espazo chamado Agora, os protagonistas serán os oficios alimentarios e os artesáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.