Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/02/2017 | Actualizada ás 11:00
As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”.
O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar de que as canles de televisión estatais xa amosaron a súa satisfacción: “Era lo que necesitábamos. Creo que no nos volveremos a equivocar Vigo de Arriba implica que está encima de Vigo y eso facitilará las cosas a nuestro personal de infografía”, declararon.
Os Riazor Blues foron os primeiros en dar a voz de alarma: “Vigo non! Que nos chamen Lugo do Oeste pero… Vigo non! Vigo non! Vigo non!”, declararon voceiros dos siareiros deportivistas. Sen embargo a situación non é vista así polos Celtarras: “Poden deixar de ser turkos dun golpe simplemente abrazando o novo nome e de paso que actualicen o do Deportivo. Recomendámoslles o nome de Visigodos de Vigo de Arriba, por españoleiros”, espetaron.
Pola súa banda, Xulio Ferreiro, alcalde da antiga cidade chamada A Coruña, declinou facer valoracións pero, segundo puido saber este medio, a Marea Atlántica xa está traballando na instalación dun dinoseto en María Pita.
O cambio de nome tamén tivo repercusións políticas e lingüísticas. A sección noroeste de Galicia Bilingüe xa amosou a súa discrepancia e, segundo indican nun comunicado, impugnarán o novo nome xa que debera ser “El Vigo de Arriba”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.