O galego sobrevivente do Senefand 1 pasou tres días nunha balsa á deriva: "Vou pensarme moito voltar ao mar"

Tras un afundimento "en 5 minutos", quedou con dous mariñeiros sobre a quilla e animoulles a nadar "como fose", pero só el chegou ás balsas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2017 | Actualizada ás 11:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Fernando Argibay, xefe de máquinas do Senefand 1 e único sobrevivente galego do naufraxio do buque, narrou este martes ante os medios os angustiosos minutos vividos durante o suceso e a travesía de tres días á deriva que sufriu, xunto con sete compañeiros, ata que foron rescatados, algo que lle deixou "moralmente decaído". "Vou pensarme moito voltar ao mar", sentenciou.

Á súa chegada desde Senegal a Galicia, o mariñeiro moañés agradeceu o apoio recibido por parte da armadora viguesa, Profand, as autoridades e as empresas que "deixaron os seus barcos" para que lles buscasen despois do afundimento do Senefand 1, sucedido o pasado 8 de febreiro.

Argibay atribuíu o suceso ao "gran peso" da carga, que provocou que o barco "zozobrase" a última hora do pasado mércores. Despois de media hora, o buque deuse completamente a volta no medio do mar e afundiuse "en cinco minutos".

Sobre a quilla do barco, o xefe de máquinas quedou co engrasador, único que levaba chaleco, e outro mariñeiro, aos que animou a "dar o todo polo todo" e nadar ata as balsas "como fose". O tres lanzáronse, pero só el conseguiu chegar.

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta