Carmen Santos asegura que "non hai ningunha rifa" en En Marea, cuxo Grupo Parlamentario defende "con uñas e dentes"

A secretaria xeral de Podemos e deputada de En Marea, Carmen Santos, asegurou este mércores que "non hai ningunha rifa" no partido instrumental, cuxo grupo parlamentario deixou claro que "defende con uñas e dentes".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 20:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos e deputada de En Marea, Carmen Santos, asegurou este mércores que "non hai ningunha rifa" no partido instrumental, cuxo grupo parlamentario deixou claro que "defende con uñas e dentes".

Así se pronunciou a líder de Podemos Galicia nunha entrevista concedida á Cadena Ser, recollida Europa Press, na que se mostrou "sorprendida" polas interpretacións "do que pasa en En Marea ou en Podemos".

Deste xeito, despois de que esta mesma tarde protagonizase un cruzamento de opinións en Twitter cun militante de Anova --organización que tamén está integrada en En Marea-- Santos recoñeceu que, con todo, os membros do partido instrumental, como ela mesma, deben "ter máis coidado" xa que desde fóra os debates "poden parecer distintos".

Neste sentido, asegurou que no Grupo Parlamentario de En Marea "non hai partes". "Nós aceptamos participar nun partido instrumental no que todos os membros representamos o programa que imos defender con igualdade", manifestou. "Outra cousa", explicou, son as organizacións políticas que "traballan á marxe" pero "no grupo parlamentario" todos son "deputados de En Marea.

Por iso, considerou necesario "diferenciar" o que son os partidos co que é o grupo parlamentario. "Sinto totalmente parlamentaria de En Marea, defendo con uñas e dentes ese grupo", explicou para aclarar que cando asegurou que ela milita en Podemos Galicia foi porque lle "estaban preguntando sobre a disolución de Podemos nun partido que non fose instrumental".

"Eu, o que quería dicir, é que a dobre militancia no partido que pode ser En Marea, evidentemente, eu non a podo ter sendo secretaría xeral de Podemos Galicia porque consideramos que son partidos distintos e que teñen que traballar en espazos de unidade conxuntamente e presentándose conxuntamente ás eleccións na forma que establezan as bases", subliñou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lavrego chungo

isto e inaudito chamade a Benedito para que lle diga a A.Sanchez que facer