SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2017 | Actualizada ás 18:16 por EUROPA PRESS
A Universidade de Santiago (USC) e a Fundación Familias Mundi clausurarán este venres cursos de posgrao con corenta alumnos de nove países.
Segundo informa a Fundación Familias Mundi, este venres celebrarase no Paraninfo da Universidade de Santiago, situado na Facultade de Xeografía e Historia, o acto de clausura de varios cursos de posgrao organizados pola USC en convenio coa entidade.
A clausura terá lugar ás 17,30 horas e o corenta alumnos de nove países distintos que se gradúan recibirán os seus diplomas acreditativos de concluír a fase presencial do curso de posgrao.
En concreto, trátase do Máster e Curso de Experto en Ciencias da Familia, Máster en Calidade e Excelencia Educativa e Curso de Experto en Coaching Educativo.
O acto estará presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa da USC, Roberto Javier López López, acompañado pola decana da Facultade de Psicoloxía, Socorro Holguín, pola directora do Instituto de Ciencias da Educación da USC, Ana Porto, e polos directores dos másteres, José Cajide e Olga Díaz.
Para a fundación, este evento será o "marco perfecto" para "ofrecer un recoñecemento ao traballo diario realizado desde dous centros educativos da comunidade de Galicia e así ofrecer unha educación de calidade aos nosos nenos e novos". Trátase do CPR Divino Mestre de Santiago de Compostela e da Escola de Educación Infantil dos Anxeles.
En concreto, as súas directoras, María Bustelo Miguéns (EEI Os Anxeles) e María do Pilar Garea Rodríguez (CPR Divino Mestre), recollerán de mans do presidente da Fundación Familias Mundi un diploma acreditativo do recoñecemento á calidade e excelencia educativa, así como un lote de libros como fondo bibliográfico para cada centro que a Xunta doou a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.