Baiona (Pontevedra) abre unha nova oficina de turismo para dar resposta á "intensa demanda" de visitantes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este venres na inauguración da nova oficina de turismo da localidade pontevedresa de Baiona, que inicia a súa andaina para "dar resposta" á "intensa demanda" de visitantes. Este novo centro de información turístico, emprazado no parque de Palma, conta cunha superficie de máis de 100 metros cadrados.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 18:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este venres na inauguración da nova oficina de turismo da localidade pontevedresa de Baiona, que inicia a súa andaina para "dar resposta" á "intensa demanda" de visitantes. Este novo centro de información turístico, emprazado no parque de Palma, conta cunha superficie de máis de 100 metros cadrados.

Durante o acto, Nava Castro fixo referencia ás últimas cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estatística, correspondentes ao pasado ano 2016, e segundo as cales o destino Rías Baixas superou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 11,4%, rexistrando 1,28 millóns de visitantes.

"Este comportamento positivo da demanda permitiu que os establecementos hostaleiros das Rías Baixas mellorasen o pasado ano as cifras de ocupación do 2015, en 3,7 puntos porcentuais", engadiu.

A directora de Turismo subliñou que, grazas a esta nova oficina, os turistas que se acheguen a Baiona disporán de "un centro de referencia con atención de calidade, onde atopar toda a información turística que necesiten".

A nova oficina é posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o concello de Baiona a través do cal a Xunta de Galicia achegou un total de 100.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta