A CORUÑA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS
O Observatorio de Igualdade organiza este sábado, na Fundación Paideia, na Coruña, unha xornada sobre custodia compartida, na que participará a edil socialista Yoya Neira, segundo informa o grupo municipal socialista.
Xunto a ela, tamén estarán a parlamentaria Patricia Vilán, ademais da Valedora do Pobo, Milagros Otero. Nun comunicado, a presidenta do Observatorio de Igualdade, Olga Patiño, aseguran que o seu obxectivo é promover "un debate serio e profundo".
"Deste xeito comprometémonos a achegar, a través das nosas actividades, un espazo que sirva de plataforma e punto de encontro de distintas posicións sobre o tema", engade en relación a un encontro que terá lugar o sábado, ás 10,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.