Vigo acolle este venres a obra 'Voaxa e Carmín', sobre 'As Marías' de Santiago

O auditorio do Concello de Vigo acolle este venres, día 24, a obra de teatro 'Voaxa e Carmín', que achegará ao público a historia de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as dúas irmás de Santiago coñecidas popularmente como 'As Marías' ou 'As dúas en punto'.

VIGO | 20/02/2017 | Actualizada ás 11:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O auditorio do Concello de Vigo acolle este venres, día 24, a obra de teatro 'Voaxa e Carmín', que achegará ao público a historia de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as dúas irmás de Santiago coñecidas popularmente como 'As Marías' ou 'As dúas en punto'.

Esta obra estrearase en Vigo ás 21,00 horas deste venres --función que xa vendeu moitas das localidades--, para trasladar e "dignificar" a figura destas dúas mulleres que durante a guerra civil e a ditadura "sufriron violencia institucional, social e de xénero".

Baixo a dirección de Xavier Castiñeira, as actrices Mabel Rivera e Belén Costenla son as encargadas de dar vida a Coralia e Maruxa, que durante o franquismo paseaban por Santiago cada día ás dúas da tarde --de onde vén un dos seus alcumes-- vestidas "de maneira estrafalaria" e maquilladas "esaxeradamente" para piropear aos estudantes.

'Voaxa e Carmín', que gañou o Premio Abrente 2015 para textos teatrais, estreouse na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e posteriormente encheu o Teatro Principal de Santiago de Compostela durante catro días.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta