SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 21:53 por EUROPA PRESS
A plataforma SOS Desaparecidos desactivou a alerta para localizar a un veciño de Santiago de Compostela de 57 anos, que finalmente foi atopado en bo estado.
A familia de Noel Sánchez Calviño denunciou ante a Policía Nacional a desaparición do home, de 57 anos e 1,80 metros de altura, do que non tiñan noticias desde o pasado 15 de febreiro.
Os axentes, así como os seus achegados e asociacións desde as redes sociais iniciaron unha campaña de procura que deu os seus froitos coa localización do home.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.