"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame"

O responsable comarcal de Industria da CIG confirma as denuncias sobre a precariedade laboral dos traballadores do Grupo Cortizo. Di que a principal responsabilidade é dos encargados que teñen atemorizados aos traballadores. Tamén acusa ao Comité de Empresa de UXT por permitir e ocultar esta situación.

Por Xurxo Salgado | Valga | 27/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame porque cando non hai traballo, mándanos para casa". Así de contundente se amosa Benedicto Blanco, secretario comarcal de Industria da CIG cando fala da situación dos traballadores do grupo de empresas Cortizo. Unha afirmación que chega logo de que un grupo de traballadores deste grupo denunciaran en declaracións a este medio as situacións "escravista" na que traballan.

Tras estas críticas foron moitas as comunicacións que este medio recibiu nas redes sociais confirmando a precariedade laboral denunciada por algúns dos seus traballadores que evitan dar a cara, xa que temen represións. "Están buscando aos que filtraron a noticia", apuntan. Por iso, Blanco, ex traballador do Grupo Cortizo, quixo confirmar a GC esta realidade e acusou directamente desta situación aos encargados do grupo.

"Cortizo é culpable, pero os encargados son os principais abusadores da xente. Mesmo houbo un traballador que tiña a comuñón da filla un sábado e díxolle ao encargado que non podía ir traballar. A contestación foi que, como non fora, mándabano a Polonia", sinala este responsable da CIG.

Así, apunta que a situación laboral é "precaria" e que se produce un "abuso" dos traballadores. "Tan grande que non se dá en ningunha empresa do sector na provincia da Coruña", asegura. "Imaxina cando se traballa 56 horas seguidas á semana e mesmo dobrando turnos. Que seguridade laboral hai para iso?...Parecen os anos 40 cando se traballaba cun lático", destaca.

Críticas a UXT

Blanco tamén acusa directamente ao sindicato UXT de ser responsable do que acontece na empresa xa que todos os membros do Comité de Empresa pertencen a este órgano sindical. "O comité de empresa está posto a dedo por UXT e Cortizo e hai xente que non sabe nin que está no comité. A min tenme aparecido xente aquí pedindo consello que estaba no comité. Non sei se lle paga Cortizo a UXT ou a UXT a Cortizo", critica este responsable sindical da CIG.

De feito, vai máis alá nas súas denuncias e asegura que, as persoas doutros sindicatos que se presentan as eleccións ou a quen se presenta que non sexa dese sindicato pois se lle despide. "Mira ti que nunha ocasión xa quedei sen unha candidatura no camiño de Valga a Santiago", indica. "Chama a de recursos humanos e di que prepara o finiquito".

En relación a este departamento, Blanco di que unha das preguntas que fan é se o traballador está acostumado a traballar baixo presión. "Onde vives e canto tempo che leva ir a comer. E se hai un material que se fixo mal mandan ir pola tarde para recuperar iso. Se se estropea calquera peza, pois descontan do salario e fan ir a traballar para recuperar ese tempo perdido", asegura.

Sobre 1.100 traballadores

No Grupo Aluminios Cortizo traballan de xeito directo case 650 traballadores e outros 400 para a filial FTAC, que está no Polígono da Picusa, en Padrón. En total son sobre 1.100 traballadores, xa que outros 100 son de empresas temporais.

GC púxose en contacto coa empresa en varias ocasións para saber a súa opinión. Sen embargo, fontes autorizadas de Cortizo indicaron que non van dar a súa opinión ao respecto porque non soen comentar este tipo de informacións. Este medio tampouco foi quen, logo de chamar á empresa, de poñerse en contacto con ningún membro do Comité de Empresa para coñecer tamén a súa opinión.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

21 Flipy del Hormiguero

Home. A quen se lle ocurre mezclar ferro con aluminio...Eu tamen te votaba ! Jajaja

1 Bos dias

Xente que non sabe de que vai o tema e mellor que non opine. E algo serio non para comentar tonterias

20 amohama

.

19 Buenos dias

Totalmente de acordo coa notica. Cousas semellantes e con mais gravedade . No apartado de fundicion e reclasificacion recentemente oubo dous despidos improcedentes. Por motivo de que a mitad da carga dun camion foi mezclada material con ferro. O encargado non revisou a tarefa que os peons fixeron, polo cual el mesmo obriogou aos 4 peons a facer 4h diarias gratis a maiores das 8 h que lles corresponden facer . Sen tenpo estimado e decir, o tempo que el valorara era o que os peons tiñan que botar. Co cual dous dos 4 empleados negaronse a facer 4h gratuitamente e foron despedidos . De todo esto hay pruebas . Non estaria demais que se tomaran medidas cos encargados que son os causantes destes tipos de probelas.

18 Tom

O problema e a xente q non fai nada,se se uniran o conto cambiaba,despois falan dos vascos e dos catalans,se fora ali,quimaban a fabrica antes desas condicions,pero aqui a xente temblanlle as pernas,asi fan o q fan os encargados

1 Lois Pardal

Cando falas dos vascos a quen te refires?os batasunos do LAB? Ibamos ir ben de carallo!

17 Pirata For President

Cando o Pirata estaba de encargado non pasaban estas cousas. Pirata sempre miraba polo traballador, ahora non teñen nin idea