Porque contrata o Xacobeo 2010 ao Sonar?

Roberto Varela incorporou como responsable de márketing do Xacobeo 2010 á catalá Gloria Sallent. Na programación, un dos poucos eventos relevantes confirmados é unha 'sucursal' na Coruña do Sonar, o festival de música electrónica de Barcelona.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/12/2009 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

None

Resulta que Sallent, unha das persoas que influíu na incorporación do Sonar ao  Xacobeo, traballou polo menos doce anos na organización do festival. De feito, no sector da comunicación da capital catalá é coñecida como “Gloria de Sónar”, segundo ela recoñece no seu perfil na páxina Urban Junkies.

“Especialista en youth-culture marketing e organización de eventos”, a labor de Sallent no Xacobeo foi xa criticada en dúas ocasións.

Os anuncios do Xacobeo faranse en Madrid

En primeiro lugar, por motivo da adxudicación do contrato para facer os anuncios. Foron 543.000 euros para a axencia madrileña Ruiz Nicoli. Unha escolla que molestou a moitos publicistas do país, que non entenden como unha axencia foránea pode ser escollida para vender os atractivos de Galicia.

Ruiz Nicoli gañou o concurso gracias a que o tribunal, no que Sallent actuou como asesora de comunicación, deulle 45 puntos en concepto de orixinalidade, fronte a 34 da segunda clasificada, segundo publicara ANT.

Contratar a Google non saíu ben

A segunda polémica é a contratación doutra firma foránea, neste caso a americana Google para que incorporase o Camiño Francés ao seu rueiro en 3D Street View.

Despois de que Feixóo gabaran a ferramenta con frases como “Google transforma aos internautas en peregrinos", a edición galega de El País revelou como en realidade a multinacional limitarase a filmar parte do camiño dende a estrada.

Sallent tivo que sair finalmente a dar a cara e recoñecer que o Goberno pediu explicacións a Google porque sentíase enganado xa que “facer o camiño para nós non é facer a carretera”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 ShinChan

El tongo web Xacobeo apesta. Señores, si nos van a robar, por lo menos, que sea con estilo.

9 chua

Lembremos esta noticia de setembro: http://www.prnoticias.es/index.php/... prmarketing ha conseguido hablar con la responsable de marketing y comunicación de Xacobeo, Gloria Sallent, quien ha desmentido que la web que hoy se ve en Internet sea el resultado de una adjudicación anticipada mediante concurso. Sallent nos confirmaba que la página actual no es más que un blog temporal que se va a mantener previsiblemente hasta mediados de octubre, fecha suficiente para que la empresa adjudicataria del concurso haya desarrollado la nueva web encargada de captar peregrinos para la celebración del Año Santo. … Ou sexa que Gloria Sallent decía nesta entrevista que a mediados de outubro estaría a web do Xacobeo lista. POIS ESTAMOS A MEDIADOS DE DECEMBRO E NON HAI WEB SEÑORA¡¡¡¡¡, A DÚAS SEMANAS DO XACOBEO E NON HAI WEB. AÍNDA POR RIBA DE DARLLES OS CONCURSOS AOS SEUS AMIGOS NIN SIQUERA LLES ESIXEN QUE DESPÓIS FAGAN O TRABALLO POLO CAL PAGAMOS TODOS.

8 chuavcast

El problema no es sólo dar las gracias sin pensarlo a cualquier cosa. El problema es no pensar. Importar formatos de festivales lo que denota en primer lugar es falta de ideas. Montar un departamento de copiones y encima recibir felicitaciones pues debe ser ya lo máximo. Cuándo uno se conforma con copiar, malo. Pero detrás del SONAR hay mucho más que lo que usted piensa o de lo que usted dice creer que piensa. Los Reyes Magos hace tiempo que no regalan festivales de música a nadie. Pero recibiendo comisión se puede halagar cualquier cosa.

7 sonarfan

Deberíamos sentirnos afortunados de poder tener SONAR en Galicia. No tiene precedentes anteriores y sin duda será bueno para Galicia en todos los sentidos; y si es gracias a las influencias de esta tía, pues le doy las gracias sin pensarlo. Para mí es un tremendo regalazo como si los Reyes Magos llegasen en Junio. Nos vemos en Sonar Galicia !!! Larga vida a Sonar.

6 bobesponxa

Roberto Varela incorporou como responsable de márketing do Xacobeo 2010 á CATALÁ Gloria Sallent. adxudicación do contrato para facer os anuncios. Foron 543.000 euros para a axencia MADRILEÑA Ruiz Nicoli. A segunda polémica é a contratación doutra firma foránea, neste caso a AMERICANA Google A GAÑADORA DA PAXINA WEB DO XACOBEO, PLEXUS, empresa da que foron directivos varios altos cargos do PP e da propia Xunta de Manuel Fraga.