O PSdeG pide á Xunta "desbloquear" os case 60 procesos de adopción de galegos en Etiopía e Burundi

A portavoz de Política Social do PSdeG, Noela Blanco, pediu á Xunta que "desbloquee de maneira urxente" a paralización dos expedientes das case 60 familias galegas que teñen procesos de adopción abertos en Etiopía e Burundi.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2017 | Actualizada ás 19:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Social do PSdeG, Noela Blanco, pediu á Xunta que "desbloquee de maneira urxente" a paralización dos expedientes das case 60 familias galegas que teñen procesos de adopción abertos en Etiopía e Burundi.

En concreto, segundo apuntou a socialista a través dun comunicado, son nove familias galegas as que teñen expedientes abertos en Burundi, por 49 pendentes en Etiopía.

Os seus expedientes, como relatou Noela Blanco, víronse truncados polo peche da ONG Addis Galicia, que exercía como entidade colaboradora de adopción internacional (ECAI) da Xunta.

Algúns procesos de adopción levan en marcha "cinco anos" e existen familias que están "a pagar 215 euros ao mes ao orfanato" para a manutención dun neno que xa teñen asignado, indicou.

Neste escenario, a parlamentaria ourensá reclamou á Xunta que solicite á ECAI a devolución dos importes cobrados ás familias "só unha semana" antes de anunciar o seu peche e que contacte co Goberno para "explorar a vía diplomática".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta