A galega que foi a primeira muller á que o Supremo permitiu cambiar de sexo defende a Hazte Oír

A viguesa Charlotte Goiar apoia o autobús que puxo en circulación a organización ultracatólica porque defende "o normal", di.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/03/2017 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A primeira muller á que o Tribunal Supremo permitiu a reasignación de sexo, a viguesa Charlotte Goiar, compareceu este xoves xunto ao presidente de Hazte Oir, Ignacio Arsuaga, para defender o autobús que puxo en circulación a organización dentro da súa campaña contra o adoctrinamiento na escola porque defende "o normal".

Ignacio Arsuaga e Charlotte Goiar
Ignacio Arsuaga e Charlotte Goiar | Fonte: E.P.

"Non entendo por que se censura este autobús, porque isto é o normal. Desde pequena entendín que os nenos teñen pene e as nenas teñen vulva", expresou Goiar ante os medios de comunicación.

Así, Charlotte Goiar asegura non entender que se "censure o autobús", porque "é unha realidade biolóxica básica". "Estamos no século XXI e a Constitución española recoñece a liberdade de expresión", apuntou.

Ademais, indicou que "os pais teñen o dereito a educar aos seus fillos como queiran e non se lles pode impor aos fillos barbaridades". "É como impor unha relixión á forza; non é normal", engadiu.

Por outra banda, Goiar achacou a un "lobby LGTBI ou transexual" a pretensión de querer confundir á xente. "Queren facer ver que o anormal, como unha nena con pene, que necesita tratamento médico, necesita un diagnóstico, é algo normal, e promovelo e levalo ás aulas", explicou.

Neste sentido, Goiar cualificou de "tremendo" que se utilicen "fotografías explícitas de nenos" para educar en ideoloxía de xénero.

Charlotte Goiar indicou que foi diagnosticada dunha patoloxía de intersexualidade conxénita. "É unha patoloxía real, que existe e está aí e denomínase incongruencia de xénero pola Organización Mundial da Saúde", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 PedroC

Que mágoa. Autoodio á enésima potencia. Probable votante do enxendro da Marea

1 FRPU

Persoas contraditorias sempre houbo. Por exemplo, hai xente de esquerdas e incluso autoproclamados "independentistas" [sic] que militan no BnG.

1 Balbino

aínda vai máis lonxe, existe xente que se dín independentistas galegos que saíron do BNG por se presentar ás eleccións estatais e non defender a loita armada, e que agora preséntanse a senadores e diputados dan man de españolistas declarados que son garante da unidade de España, coroneis da OTAN, secretarios de galegófobas declaradas, defensores da tauromaquia (defensores a ultranza non me refiro o alugueiro da praza de touros de Vistalegre), incubridores de pederastas, cargos electos galegos que se preocupan mais dos problemas de Madrid ou Extremadura que dos problemas da xente que os votou e lle puxo un salario digno, especuladores de vivendas e demáis fauna variada incluído exfalanxistas, todos xuntiños pero o inimigo é o BNG e os seus 0 deputados estatais.

2 FRPU

A única "forza" política "nacionalista" que vai dan man de españolistas declarados "que son garante da unidade de España" é o BnG, que pasou de ser o delator do independentismo galego ante a policía española a se converter no esbirro de Pp-PsoE-Cs para ir contra as Mareas. Sipaios fostes, sipaios seredes, e ademais con pactos coa dereita galega: Pg, CoaGa, TeGa,...

3 LKI

Os do BeNeGá sodes especialistas en elevar o anecdótico a político para enmerdar o adversario. Pero do que non falades é da implicación do BeNeGá en todos os casos de corrupción de Galiza: Campeón, Carrumeiro, Pokemon... Aí calades.

4 balbino

Cada día é máis fácil tumbar as tonterías que pintades aquí, cada día máis repetitivas e vacías. O voso coñecemento da prensa da dereita española é abraiante. A ver FRPU os que presumen de ser garante da unidade da gran España e impide as consultas o pobo sodes os Mareados de Podemos, os que presumen de nos ser de esquerdas sodes vós en palabras textuais dos vosos venerados líderes madrileños, esan son as suas teorías porque si nos vamos os feitos dos lugares onde gobernan as cousas empeoran. LKI nombra unha soa persoa condenada do BNG..................xa cho digo eu, non hai un só, e se existira sería xulgado e expulsado pola militancia antes de que dera un chío ou o castigasen a xustiza española. A situación de Galiza non é igual por desgracia, pero en Catalunya e Euskal Herria sodes o último obstáculo para ter dereito a decidir.

5 LKI

Dí o trol bloque-ado: "(...) sería xulgado e expulsado pola militancia antes de que dera un chío". Arredemo! Agora resulta que no BeNeGá montades xuízos sumarísimos? Pois sodes aínda máis nazis do que se pensaba. Afortunadamente para o pobo galego, non ides gobernar xamais.

6 Kollontai luguesa

Que peniña me dan as vosas liortas! E que aproveitades todas as ocasións.

7 Balbino

A verdade é que da un pouco de pena estas liortas pero non vos preocupedes que isto non o lee nin o apuntador, non é máis que un pasatempo de catro mataos que andamos por aquí , a política de verdade faise nas institucións, na rúa , na vida real e non na rede de incógnito.

8 Parada do Sil

Ja, ja, ja... Balbino! Pobre 'matao' bloqueado, igual que o mareado troleado LKonsumista Indocumentado, está ben que valoredes o pouco que aportades coas vosas liortas e o moito ridículo que facedes. Ou por dicilo máis claro: o beneficio de matarse entre os presuntos progres vai para o Partido Podre! Satisfeitos? Se recibides..., que algo caerá!

9 Balbino

Jajajajaja Parada do Sil jajajajajajajaja nos catro mataos vas ti incluido jajajajajajaja volvoche repetir que o que facemos aquí non cambia un só voto, nin para ben nin para mal.