Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 anonimus

Como olvidar aquel,"agora e cando,agora psdg",o director da campaña do psdg nas eleccións galegas debeu ser Pepiño White

27 manantialdejade

Amais diso , teñen o rostro de sacar un blog do Xacobeo que ten por defecto o idioma castellano , logo dache a opción de Inglés ,e ...por ultimo o galego . A TERRA QUERE POBO , xa que con estes gobernantes e os inutiles que os votan non imos a ningures .

26 María

"Porque el estrés no sabe dónde queda Finisterre". Non atina nin coa toponimia. Que desastre!!

25 anónimo

A mín gustábame máis aquel de M. Rajoy do 2004 "juntos vamos a más" ou aquel do 2008 "con cabeza y corazón"...vaia fracasos, sí

24 anonimus

Bo anuncio,ainda que o mellor o de "Touriño,o presidente",enorme anuncio e enorme fracaso