SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2017 | Actualizada ás 18:35 por EUROPA PRESS
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou este luns, na presentación do sete primeiros proxectos do programa Ignicia, o compromiso do Goberno galego co "emprendemento innovador".
Como explicou Conde, segundo un comunicado difundido pola Xunta, a previsión é que o mencionados sete proxectos vinculen uns 50 empregos cun investimento de dous millóns de euros.
Entre as iniciativas que se impulsan xunto coa Fundación Barrié atópase un proxecto de impresión 3D de implantes (da Universidade de Santiago), outro de nanosatélites e provisión de servizos comerciais (da Universidade de Vigo) e un máis de verificación biométrica en liña, promovido por Gradiant.
A partir deste momento, os investigadores recibirán asesoramento e mentorización para que poidan transferir as súas ideas ao mercado, tal e como se detalla no comunicado.
En canto ás axudas, a de cada proxecto fixarase de forma individual e servirá para financiar os gastos de desenvolvemento da aplicación comercial. Deste xeito, a Xunta comparte o risco de cada iniciativa pero garante a súa participación nos posibles beneficios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.